MicroUtopias

 
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Inicio
Un teito e un fogar digno para toda persoa
jueves, 24 de octubre de 2013
Un dos principais indicadores sociais que sinalan a indeferencia da xente con respecto ás persoas que non teñen un fogar, é o crecente número de persoas que durmen nas rúas. En República Dominicana, onde vivín varios meses, non era raro escoitar falar dalgunha familia numerosa que acolleu nenos que quedaran orfos, e mentras no noso occidente europeo rexeitamos aos avós e ás persoas marxinadas, sendo a súa única saída vivir (e durmir) nas rúas.
ImageUn dos principais indicadores sociais que sinalan a indeferencia da xente con respecto ás persoas que non teñen un fogar, é o crecente número de persoas que durmen nas rúas. En República Dominicana, onde vivín varios meses, non era raro escoitar falar dalgunha familia numerosa que acolleu nenos que quedaran orfos, e mentras no noso occidente europeo rexeitamos aos avós e ás persoas marxinadas, sendo a súa única saída vivir (e durmir) nas rúas.

Que nos di o sentido común? Como podemos combater este ambiente de marxinalidade? O papa Francisco non só foi de visita ao romano “Centro Astalli” de asistencia a refuxiados, senón que insistiu en que a acollida do pobre e a promoción da xustiza sexa unha atención de toda pastoral, de parroquias e movementos. Pero deu un paso máis, ao sinalar: “O Señor chama a vivir con máis valentía e xenerosidade a acollida nas comunidades, nas casas, nos conventos baleiros. Queridísimos relixiosos e relixiosas, os conventos baleiros non serven á Igrexa para transformalos en hoteis e gañar cartos. Os conventos baleiros non son vosos, son para a carne de Cristo que son os refuxiados. O Señor chama a vivir con máis valor e xenerosidade a acollida nas comunidades, nas casas, nos conventos baleiros. Certo, non é algo sinxelo: precísase criterio, responsabilidade, pero requírese tamén valor.”

Algún de nós ten unha vivenda que non use? Temos algunha herdanza compartida dun inmoble que non se vai ocupar? Incluso as nosas parroquias, teñen propiedades que poden servir para vivir? Porque aquí non valen interpretacións amplas: o bispo de Roma fala de casas baleiras, de avivar a xenerosidade, e de que fai falla valor (e non medo, atrévome a engadir eu). Por certo, que nos evanxeos atopamos cambios de vida tras o encontro con Xesús, que levaron a desprenderse do material para seguir ao mestre (Zaqueo, Mateo, etc.).

Non digo que sexa doado, ollo! Pero o máis atraínte é que se pode facer, se queremos, claro está. E a igrexa nisto tamén ten que seguir a dar testemuño. Porei dous exemplos concretos: o primeiro aparece no boletín oficial do arcebispado de Santiago de Compostela de xuño deste ano. Trátase da cesión da casa rectoral da parroquia de Santo Tomé de Piñeiro, a unha familia con escasos recursos económicos, por espazo dun ano. Chapeau!

ImageOutro: a iniciativa da asociación Bo Camiño, grupo nacido da parroquia de S. Francisco de Asís da Coruña, que comezaron diversas actividades, entre elas BoaNoite (http://boanoite.es), un contacto semanal dende hai xa tres anos con persoas que durmen sen teito. Buscan axudar a persoais que viven nas rúas, que durmen en caixeiros, portais ou literalmente baixo unha ponte.

Como ben din eles, hai institucións que lles ofrecen comida, ducha e acompañamento profesional, pero seguen carecendo dalgo vital: unha familia, un fogar. Por iso, crearon o proxecto Mesoiro (nas aforas da Coruña, na parroquia de San Fernando, nunha casiña cunha pequena horta), querendo crear unha familia “provisional”, un fogar, que dea estabilidade ás vidas desas persoas e recuperen a súa dignidade.

Proxectos reais, concretos, palpables e ben pretiño de nós. Son chamadas de conciencia e feitos visibles de que a solidariedade é máis forte cá cobiza. Remato con verbas de Francisco: “Debemos devolver a esperanza aos xóvenes, axudar aos vellos, abrirnos cara o futuro, difundir o amor. Pobres entre os pobres. Debemos incluír aos excluídos e predicar a paz.” Ogallá traballemos por unha igrexa pobre e para os pobres. Unha igrexa pobre e para os pobres...

Autor: Alfredo Losada


 
< Anterior   Siguiente >

Curso DESTACADO

Imagen Destacada

20110216el.roto_revolucion