Compromiso apostólico no traballo |
miércoles, 09 de enero de 2013 | |
ARELA, somos unha asociación apostólica da diócese de Lugo. Organizamos unha serie de charlas sobre o Compromiso Apostólico no Traballo para as que contamos coa presenza de María del Pino Jiménez, presidenta da HOAC e de Manuel Cope, responsable de compromiso da HOAC.
Comezaremos o sábado 12 de xaneiro de 2013 a partir das 10:30 horas, acabando a sesión da mañá ás 13 horas. Tras un momento de receso para compartir, coñecernos máis e de xantar xuntos, voltaremos pola tarde ás 16:30 horas, finalizando ás 19:30 horas. O horario do domingo 13 de enero é desde as 10:00 até as 16:00 horas tras o xantar.
O lugar elexido para este encontro é o Albergue “Beiramar” (Salesianos) na Coruña. O
prezo é de 20 euros, pero xa sabes que podes asistir aínda que non teñas ese diñeiro xa que existe un fondo de solidariedade. Temos tamén actividades para nenos e nenas de todas as idades, pero sería bo que nos avisaras:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Se podes quedar a durmir, deberás traer saco ou sabas.
Agardamos por ti! Séra un bo momento para a reflexión, o diálogo e con moitas posibilidades de coñecer e de crear alternativas no mundo do traballo!
|
< Anterior | Siguiente > |
---|